Os viños de Monterrei estarán presentes en ‘ Wine Paris & Vinexpo Paris’, que se celebrará desde o 14 ao 16 de febreiro en París.
Monterrei formará parte desta acción de promoción conxunta levada a cabo pola Asociación de Consejos Reguladores del Vino de Galicia y de las II.GG. Aguardientes y Licores Tradicionales de Galicia (ACRUAGA). Trátase da primeira vez que os viños e licores autóctonos galegos, amparados baixo diversos selos de calidade, promociónanse de forma conxunta no exterior.
No espazo de Monterrei, os/as participantes poderán degustar viños de dezanove adegas rexistradas na denominación: Ladairo, Crego e Monaguillo, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Franco Basalo, Gargalo, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Terras do Cigarrón, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Pazo das Tapias, Abeledos, Pazo de Valdeconde, Pazos del Rey, Fragas do Lecer, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Manuel Vázquez Losada e Triay Adegas de Oímbra.
Ademais, recibirán información sobre o territorio, historia e tradición vitícola, características edafoclimáticas, variedades de uva ou tipoloxía de viños, entre outras cuestións.
“Trátase dunha iniciativa encamiñada a reforzar os nosos datos de exportación, aproveitando así esta cita profesional para dar a coñecer a calidade dos viños de Monterrei”, destaca a presidenta do C. R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva. “É a primeira vez que participamos en Vinexpo, e esperamos crear sinerxias que axuden a dar a coñecer ao mundo o noso selo de calidade vitivinícola e os excelentes viños que na nosa zona elabóranse”, conclúe.
Vinexpo
Vinexpo, o evento estrela do grupo Vinexposium constitúe o primeiro gran encontro vinícola internacional do ano. O sector do viño e as bebidas espirituosas, que non se reunía en París desde hai case dous anos, recibiu este ano con gran expectación Wine Paris & Vinexpo Paris, que conta con 2.800 expositores de 32 países durante tres días. España ocupa o terceiro lugar detrás de Francia e Italia, cun aumento da participación de todas as autonomías que participan neste gran evento dedicado á exportación, en particular Castela e León, Galicia e Castela La Mancha.
Sobre ACRUAGA
Hai uns meses, creouse a Asociación de Consejos Reguladores del Vino de Galicia y de las II.GG. Aguardientes y Licores Tradicionales de Galicia (ACRUAGA) para dar cobertura a un convenio de colaboración subscrito co IGAPE cuxo fin é a promoción internacional dos viños e destilados amparados baixos os selos de calidade diferenciada de Galicia. Unha entidade que impulsará accións de formación e difusión dos produtos amparados polos selos de calidade dos seis organismos integrados na iniciativa: os consellos reguladores de Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras -no caso dos viños- e Aguardientes de Galicia. Ademais de Vinexpo, os membros de ACRUAGA estudan participar no mes de xuño na London Wine Fair, a fería vinícola máis relevante de cantas celébranse en Reino Unido.