Mañá luns 06 de setembro comeza a campaña de vendima no territorio amparado baixo a Denominación de Orixe Monterrei.
A primeira adega en iniciar as tarefas de recollida de uva, neste 2021, será Pazo das Tapias, situada na localidade de Pazos (Verín).
Sobre a D.O. Monterrei
A de Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vinícolas galegas. A mesma abarca os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oimbra e Castrelo do Val. Está conformada por 27 adegas. Os viñedos desta D.O. ocupan un total de 631 hectáreas de territorio nas que traballan 383 viticultores.